Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous días de actividades acuáticas na praia da Punta

RR_Noticias

Kitesurf, paddle, kaiak e unha “big jum” son a oferta que atoparemos esta fin de semana no areal de Cesantes. Competición, exhibicións e cursos para dar a coñecer estas modalidades deportivas e que promove o club redondelán Tmkite. As actividades celebraranse o sábado e domingo dende as 11.00 até as 20.00 horas. Un dos momentos máis espectaculares será a exhibición acrobática onde os participantes amosarán a súa pericia nun entorno como o da Enseada de San Simón.

Todo preparado na praia da Punta para a celebración da primeira Xornada Kitesurf de Redondela na que participarán máis de cincuenta representantes desta modalidade deportiva.  Dende as once da mañá do sábado haberá distintas activades didácticas e formativas para dar a coñecer o kitesurf con cursos gratuítos deste deporte pero tamén de paddle surf e kaiak. Xa pola tarde celebrarase unha regata se o vento o permite.
O domingo pola mañá haberá actividades lúdicas e pola tarde unha exhibición ou “big jump” na que os profesionais do kitesurf  amosarán a súa destreza con espectaculares manobras e saltos. Non faltarán os premios, 2.500 euros en total, ademais do sorteo de material deportivo.
A seguridade tanto de participantes como dos espectadores está garantida, porén delimitarase unha zona para que os kitesurfistas despeguen e aterren con seguridade e o público poida disfrutar do espectáculo nun emprazamento, o litoral de Cesantes, que goza dunhas condicións idóneas para a práctica do Kitesurf e deportes acuáticos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará