Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto prazo para solicitar as axudas de material escolar en Infantil

RR_Noticias

Até o 20 de xullo poderanse solicitar as axudas para a compra de material escolar do curso 2018-2019 en educación infantil. As familias beneficiarias non poderán superar os 8.125 euros, no caso de familias monoparentais e 7.500 euros no resto. Os alumnos deberán estar matriculados nun centro público. O Concello destinará a este fin unha partida de 8.500 euros.

As familias con alumnos en Educación Infantil xa poden solicitar as axudas para a compra de material escolar presentando a solicitude antes do 20 de xullo no rexistro do Concello. Unhas axudas que son compatibles coas que se obteñan de calquera outra administración.
Para determinar o cumprimento dos requisitos para acceder á subvención terase en conta a situación persoal e familiar dos solicitantes á data de 31 de decembro de 2017, así como a renda per cápita no mesmo exercicio fiscal. Segundo as bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, a renda familiar per cápita non poderá superar os 7.500, cantidade que se eleva até os 8.125 euros no caso de familias monoparentais.
Só terán dereito a estas axudas os empadroados en Redondela e aqueles alumnos que estean matriculados o vindeiro curso nun centro público.
As solicitudes deberán presentarse acompañadas dunha fotocopia do DNI ou NIE do pai, nai ou titor, do libro de familia e da declaración da renda do exercicio 2017.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará