Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paxaretas presenta unha moción para declarar persoas non gratas a “La Manada”

RR_Noticias

A Asemblea feminista vén de presentar no rexistro do Concello de Redondela unha moción para que o goberno local aprobe no vindeiro pleno a declaración de persoas non gratas aos cinco membros de “La Manada”, acusados de agresión sexual a unha moza no San Fermín de 2016. Logo da decisión do tribunal de non prolongarlle a prisión preventiva aos cinco acusados, o colectivo feministra redondelán considera urxente dar un paso máis.

Entenden que as corporacións municipais son a expresión do mandato cidadá, e que é neceario que estas recollan o clamor da rúa, o pensar e o sentir de miles de mulleres e homes ante a inxusta resolución xudicial que vai en contra da liberade de máis da metade da poboación, as mulleres. Porén solicitan á Corporación o veto de José Angel Prenda, Alfonso Jesús Cabezuelo, Jesús Escudero, Ángel Boza e Antonio Manuel Guerrero en todo o concello de Redondela.Paxaretas engade que “é coñecido e notorio que “La Manada” non ten amosado o máis  mínimo arrepentimento”. De feito, os cinco teñen defendido publicamente o seu desprezo pola vítima e sitúan o acontecido nun plano de normalización, elevando o sucedido a consentimento.Con esta medida o colectivo feminista, que xa promoveu distintos actos reivindicativos desde que se coñeceu o caso, quere trasladarlle a súa solidariedade á vítima ademais de facer un chamamento a que todas e todos aqueles que sufran abusos ou agresións sexuais rompan o silencio e o denuncien.Unha moción que se suma a iniciativas semellantes que xa se presentaron noutros municipios de España.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará