Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós pide a dimisión do concelleiro de Medio Ambiente polas obras no río Maceiras

RR_Noticias

A asociación cultural acusa a Miguel Ángel Álvarez de mentir, logo de que Augas de Galicia ceritificase que non había autorización para realizar as obras nas datas nas que efectuaron, na época de cría das especies que habitan na zona fluvial. O concelleiro de Medio Ambiente atribúe esta situación ao retraso nos traballos por mor do mal tempo nos meses de inverno.

As obras que o Concello de Redondela realizou na contorna do río Maceiras para creación dun paseo fluvial supuxeron actuacións nas marxes do río. Os traballos continuaron chegada a primavera, na época de cría da fauna do río, e incluíron a construción de muros de pedra. Segundo denuncia Alén Nós fíxose “con materiais e técnicas que non se axustaban ao proxecto orixinal”. A asociación redondelá denuncia que o goberno local pretendeu “ocultar os feitos”. Informes posteriores da entidade pública Augas de Galicia, viñeron certificar que as obras que se fixeron non estaban axustadas ao proxecto presentado. Alén Nós entende que con esta actuación o goberno local “persevera nunha política de xestión do medio natural daniña para a conservación dos valores naturais”. Estes son os motibos que levan á asociación cultural Alén Nós a solicitar a dimisión do concelleiro de Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, ou o seu cese por parte do alcalde, Javier Bas. Ao tempo, solicitan “a reposición ao seu estado inicial das marxes do río Maceiras afectadas”. Pola súa banda, o edil de Medio Ambiente nega que teña oculatado información, e apunta que existía unha “autorización verbal” por parte do organismo para realizar os traballos. Explica que o novo tramo do paseo se fixo “coas mesmas características que os tramos anteriores” que contaron co visto bo de Augas de Galicia. Recoñece que os traballos se alongaron no tempo, xa chegada a primavera, por mor dos atrasos da obra nos meses de inverno por mor do mal tempo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará