Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela ofrece apoio aos refuxiados con asistencia xurídica, psicolóxica e intérpretes

RR_Noticias

O goberno local de Redondela xa ofreceu a súa colaboración á Federación Española de Municipios e provincias. A concelleira de Servizos Sociais, Carmen Amoedo, rexeita as críticas do grupo socialista, e explica que o Concello puxo á súa disposición os servizos de asistencia xurídica, psicolóxica, formación de adultos, cursos de idiomas e a intervención de intérpretes.

O PSOE redondelán denuncia que o goberno de Javier Bas non constituiu a Mesa de Apoio a Refuxiados, tal como se acordou en pleno en setembro de 2015. Amoedo acusa aos socialistas de “non enterarse de nada” e explica que ese organismo non se constituíu porque a chegada de refuxiados “está paralizada”, e o seu goberno négase a poñer en marcha “chiringuitos”. A concelleira de Servizos Sociais sinala que xa ofreceron a colaboración do Concello de Redondela á FEMP. Non se ofrece a acollida, xa que Redondela carece desa posiblidade, pero si servizos de asistencia xurídica e psicolóxica para os refuxiados que cheguen a municipios veciños, así como cursos de formación de adultos e cursos de idioma. Tamén ofrecen a intervención de intérpretes. Para prestar esta colaboración o goberno local conta co persoal municipal e tamén con voluntarios supervisados pola área de Benestar Social.  

Carmen Amoedo concelleira Servizos Sociais
A edil rexeita as críticas do grupo socialista.
Colaboración coa FEMP
Redondela xa ofreceu a súa axuda á Federación Española de Municipios e Provincias para atender aos refuxiados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará