Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carmen Amoedo: “O PXOM de Redondela é un documento vivo no que participamos todos”

RR_Noticias

O PXOM vén de pasar o primeiro trámite ambiental, e agora ábrese un prazo de dous meses para presentar suxestións. A concelleira de Urbanismo, Carmen Amoedo, advirte que se trata dun ordenamento “fundamental” para Redondela, un documento vivo que determinará o futuro do municipio para os próximos trinta anos.

Redondela será dos primeiros Concellos de Galicia que se adapte á nova normativa ambiental que recolle a Lei do Solo, o que supuxo facer un documento máis completo para recoller as esixencias de Urbanismo da Xunta de Galicia. Amoedo sinala que agora comezamos o camiño dun proxecto “vivo” que deseñará o futuro de Redondela dos próximos 30 anos. A concelleira destaca que o equipo redactor foi elexido “por expertos” para facer o traballo, e que todos os grupos políticos deben participar no seu desenvolvemento. Considera “inadmisible” que un municipio como Redondela teña que rexirse por unhas normas subsidiarias de 1988, que lle impiden medrar. O Concello puxo en marcha a redacción do plan urbanístico de xeito “transparente e participativo” coas comisións de seguemento nas que están representados os diferentes partidos políticos. Un planeamento que tamén se abriu á sociedade “cun amplo traballo de campo” e coa consulta “aos veciños, colectivos sociais e tecido económico”. Lembra que o urbanismo “o toca todo”´, xa que ordea o territorio e permite definir como será a Redondela do futuro, zonas verdes, a conservación do casco vello, os espazos residenciais, etc. A avaliación ambiental abre agora un período de consultas que finalizará o 13 de agosto. Ao longo dos dous meses que dura este período poderanse presentar observacións e suxestións ao borrador do plan e documento inicial estratéxico que xa está colgado na web da Xunta. Todas as observacións deberán presentarse nas direccións que se indican nesa mesma páxina da Consellería de Medio Ambiente, no apartado Avaliación Ambiental Extratéxica de Plans. Ademais, para aqueles que prefiran enviar os seus comentarios por fax pódeno facer no número 981541048. De maneira presencial pode facerse no rexistro administrativo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en Santiago. En calquera dos medios empregados deberá identificarse quen formula as observacións e suxestións (nome da unidade administrativa, ou nome do colectivo, ou da persoa), facilitando tamén os datos de contacto. O documento de alcance do estudo ambiental estratéxico que se elabore tras o período de consultas farase público na sede electrónica da Consellería de Medio Ambiente.

Carmen Amoedo concelleira de Urbanismo
Redondela será dos primeiros Concellos galegos en adaptarse á nova Lei do Solo.
Un documento vivo
O PXOM debe ordenar o futuro de Redondela para os próximos trinta anos.
Un PXOM transparente e participativo
O documento conta coa participación de partidos políticos e tamén do tecido social e económico do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará