Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A XI Carreira Popular amplía percorrido até a Portela

RR_Noticias

Preto de nove quilómetros suma o novo percorrido da carreira que se celebrará o domingo un de xullo. Espérase a participación de máis de seiscentos corredores dende a categoría absoluta aos pitufos. A inscrición ten un custe de seis euros para  os maiores de 16 anos, dos cales un será para a Asociación de familiares e enfermos mentais Lenda. Até o 28 de xuño está aberto o prazo para anotarse na páxina championchipnorte.com ou na zapatería Susuela.

A décimo primeira edición da Carreira Popular de Redondela será a máis ambiciosa até o momento ao ampliar a 9 quilómetros o percorrido para a categoría absoluta, dous máis que o pasado ano. Un traxecto que será circular, con saída da casa do Concello e que contará co aliciente da paisaxe xa que chegará até a zona da Portela con percorrido polo litoral. Un incremento da distancia coa que a Asociación Deportiva CAR, organizadora do evento, tentan satisfacer aos corredores máis esixentes e co obxectivo de 2019 chegar aos dez quilómetros para converterse en proba federada. Malia todo fan fincapé en que continúa a ser unha proba accesible para todo tipo de corredores, xa que os desniveis son case inexistentes e animan a participar e non deixarse asustar polos nove quilómetros, xa que do que se trata é de desfrutar dunha xornada deportiva ao aire libre. Os corredores dividiranse en sete categorías: os pitufos (2014-2015) que percorrerán cincuenta metros, o dobre será o percorrido dos prebenxamíns (2011-2013), oitocentos metros percorrerán os benxamíns (2009-2010), os alevíns chegarán ao quilómetro, quilómetro e medio será a distancia que percorran os corredores infantís (2005-2006), tres mil será a distancia para os cadetes (2003-2004) e a categoría absoluta percorrerán nove quilómetros. A proba comezará ás 10.00 da mañá coa saída do grupo de cadetes e media hora máis tarde a absoluta. Os últimos en saír serán os pitufos ás 12.25 horas e agárdase que a proba remate sobre ás 12.30 ou 12.45. Como nas edicións pasadas, a carreira tamén ten unha compoñente solidaria, e un euros dos seis que custa a inscrición para os maiores de 16 anos irá destinada a asociación redondelá Lenda, os máis pequenos non terán que pagar por participar pero dende a organización instan a aportar un quilo de alimentos non perecedoiros na recollida do dorsal. Os dorsais poderanse recoller o sábado de 16:00 a 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira de Redondela, ou de 08:30 a 10:00 horas do día da proba na zona de saída, situada diante do Concello. Co dorsal, entregarase un obsequio conmemorativo da proba.  

Concelleiro de Deportes Julio Mougán
Destaca que é un referente entre as carreiras populares
Presidente Asociación CAR Francisco Otero
A carreira amplía o seu percorrido e presenta novos alicientes como a paisaxe
Colaboración con Lenda
Carreira con compoñente solidaria. Un euro irá para asociación redondelá e tamén se recollerán alimentos non perecedoiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará