Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSdeG-Redondela denuncia os incumprimentos do goberno local en materia humanitaria

RR_Noticias

A edil socialista, Anabel Rey, advirte que o goberno local aínda non levou a cabo os acordos aprobados no pleno. As propostas aprobadas garantirían ter ao Concello de Redondela preparado ante unha crise humanitaria, tanto para percibir persoas refuxiadas como para integralas.

Rey lembra que no pleno de setembro de 2015 aprobáronse dúas mocións sobre a problemática dos refuxiados, e denuncia que a día hoxe aínda non se cumpriron os compromisos adquiridos. O asunto cobra importancia estes días, en casos como o dos refuxiados da embarcarción “Aquarius”, xa que o Goberno central acaba de compormeterse a acollelos. Unha das mocións presentada conxuntamente por PP, AER, BNG e a concelleira non adscrita e aprobada por unanimidade levaba o acordo de “colaborar co Goberno de España, coa Xunta de Galicia, no reasentamento das persoas refuxiadas na nosa comunidade, en todo o posible, a poñer en marcha programas de integración e sensibilizacioìn con esta poboación”. A outra moción presentada polo grupo socialista e aprobada malia a abstención do PP, solicitaba que Redondela se sumarse á denominada “rede de cidades-refuxio” preparando dispositivos de acollida, e convidando á cidadanía a implicarse e colaborar na atención e axuda aos refuxiados. O acordo incluía a condición de que a Corporación Municipal crease unha “Mesa de Apoio a Refuxiados” para realizar un traballo “estable e permanente” que poña en marcha as diferentes medidas para a atención e apoio a refuxiados. O PSOE redondelán xa solicitou por rexistro ter coñecemento do nivel de cumprimento e xestión dos acordos probados, xa que son conscientes de que a Mesa de Apoio a Refuxiados non se constituiu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará