Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Empresarios de Redondela busca unir esforzos con Soutomaior e Pazos

RR_Noticias

O colectivo xa se puxo en contacto coa Universidade de Vigo para analizar as posibilidades de colaboración entre ambas entidades, seguindo o modelo de Agrupación Empresarial Innovadora. O presidente da asociación, Enrique Lago, explica que é necesario aglutinar este espazo xeográfico de fondo de ría, que ten unhas característcas diferentes ás do resto da provincia e que goza de recursos privilexiados como a enseada, a illa de San Simón ou o Camiño de Santiago.

A aposta da Asociación de Empresarios de Redondela por un modelo de integración comarcal está a ter moi boa acollida entre o sector empresarial da comarca e neste sentido tanto en Arcade e Soutomaoir como en Pazos de Borbén estanse mantendo encontros empresariais. O modelo de integración que se plantea seguir estará baseado no modelo de Agrupación Empresarias Innovadora. Com explica Enrique Lago trátase de unir aos distintos axentes vinculados co sector produtivo, así como centros de investigación e formación, como a propia Universidade, e colaborar en proxectos de carácter innovador. O obxectivo é poñer en marcha proxectos que impliquen aos tres municipios tanto a nivel industrial como turístico. Lago sinala a importancia de necesario aglutinar este espazo xeográfico de fondo de ría que forman Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior, que ten unhas característcas diferentes ás do resto da provincia. Entende que unidos terán “máis forza” para sacar adiante proxectos beneficiosos para todos. Os tres municiopios gozan de recursos privilexiados a nivel turístico, como é o caso da enseada, a illa de San Simón, o Castelo de Soutomaior ou o Camiño de Santiago, pero a bisbarra precisa aínda de infraestrutura hoteleira. No ámbito local, a Asociación de Empresarios, no marco do Proxecto 2020, que está a desenvolver o Concello de Redondela, tamén espera acadar a colaboración da Universidade para executar accións na liña de Modernización do Tecido Comercial definido polo programa. O Decano da Facultade de CC. Eonómicas e Empresariais, José Santiago Gómez, comprometeuse a estudiar as posibilidades de colaboración do departamento de marketing.

Enrique Lago presidente da Asociación de Empresarios de Redondela
Explica que é necesario aglutinar este espazo xeográfico de fondo de ría que ten unhas característcas diferentes ás do resto da provincia e que goza de recursos privilexiados.
Colaboración da Universidade
Universidade e empresarios analizan as posibilidades de colaboración entre ambas entidades
Potenciar o turismo
Na zona hai moitos recursos que se poderían explotar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará