Hoxe é Luns 11 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O club de Atletismo CAR, premio Andaina

RR_Noticias

A asociación, que atende a persoas con necesidades especiais e ás súas familias, celebra este domingo a VI Gala dos Premios Andaina. O club de atletismo CAR recollerá o galardón na categoría de entidade local. A cita, no Multiúsos da Xunqueira, contará coa actuación do grupo “The Alta Nota” e a proxección da curtametraxe “Quixotes”. O actor Sergio Pazos será o encargado de conducir a gala.

A entidade entrega os seus premios anuais nunha gala que terá lugar este domingo, día 10, no Multiúsos da Xunqueira ás 18.00 horas. O presidente de Andaina, Antonio García, salienta a labor do club de atletismo CAR, xa que todas as actividades deportivas que organizan “teñen tamén un carácter solidario”. Tamén se premiará a Lucas Alonso, o alumno do colexio Santa Mariña, como gañador do certame de debuxo dedicado á diversidade funcional. Ademais na gala haberá música e cine nun acto aberto a todos os que se queiran achegarse. O concerto será a cargo do grupo “The Alta Nota”, de Panxón. Tamén se outorgarán os premio no sector do audiovisual a “Bellanca” de Víctor Nores, e “Quixotes”, unha obra de Maite Campos en colaboración con alumnos do IES María Soliño, que se proxectará na gala.

Antonio García presidente de Andaina
García recoñece o labor da asociación deportiva CAR. Sempre inclúen unha parte solidaria nas súas actividades.
Quixotes
Na Gala proxectarase o traballo de Maite Campos en colaboración con alumnos do IES María Soliño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará