Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A antiga parcela de Fenosa convértese nun espazo de lecer

RR_Noticias

Tumbonas de pedra, un estanque e zona verde con pérgolas e asentos transformarán este espazo ao carón do río nunha zona de ocio e lecer que lle dará continuidade ao parque infantil e aos xardíns da alameda. Unha obra que están a realizar os alumnos do obradoiro de emprego Redondela “Vila Bela” e que recupera un espazo que permanecía baleiro dende que en maio de 2015 se derrubou o edificio que a empresa eléctrica tiña no centro da vila.

Os vinte alumnos do obradoiro de cantería e agricultura ecolóxica, xardinería e viveiros continúan os traballos de recuperación desta parcela situada ao carón dos xulgados e que suporá a recuperación deste espazo para a cidadanía. Este xoves, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, e o alcalde Javier Bas, visitaron as obras. López Chaves destacaba a importancia destes cursos nos que a Xunta investiu preto de 280.000 euros xa que os participantes ademais de formación tamén son contratados durante nove meses ademais de conseguir un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. O delegado da Xunta lembraba que está aberto, até o próximo 25 de xuño, o prazo de solicitude da nova convocatoria de axudas para os obradoiros duais e para os dirixidos á mocidade.

Delegado da Xunta Ignacio López-Chaves
Chaves fai fincapé na importancia destes obradoiros para atopar emprego

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará