Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior convoca axudas para deportistas

RR_Noticias

A Concellería de Deportes do Concello de Soutomaior convoca as axudas para a promoción e difusión do deporte e para impulsar a práctica deportiva individual. A data límite para a presentación de solicitudes é dun 1 mes, contado a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOPPO (venres 1 de xuño 2018).

Cada deportista só poderá optar a unha única axuda, independentemente do número de modalidades deportivas que practique. Están dirixidas aos que participen en competicións deportivas oficiais, tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional, e que manteñan na data de presentación da solicitude a súa actividade competitiva oficial e federada. Para optar ás axudas é requisito estar empadroado no Concello de Soutomaior antes do do 1 de xaneiro deste ano. As bases para a concesión de axudas pódense consultar en www.soutomaior.com

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará