Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ábrelle a porta á discapacidade sensorial

RR_Noticias

Sabes que é a discapacidade sensorial? Baixo esta pregunta a Asociación de Xordos de Galicia organiza este venres no Multiúsos da Xunqueira un obradoiro no que se informará e sensibilizará sobre este tipo de patoloxías que padece, segundo as estatísticas, un membro de cada fogar. Preguntas como que é a xordocegueira, que sistemas de comunicación existes ou as axudas técnicas que se poden empregar,  serán resoltas nesta xornada formativa, aberta e gratuíta, que pretende normalizar a vida destas persoas.

Desmitificar moitos dos concepto que aínda hoxe en día existen sobre as persoas que teñen discapacidade sensorial é o obxectivo desta xornada formativa que a organización Xoga celebrará o día 8 de xuño, ás 20.00 horas. Malia que hai moitas persoas con problemas de visión ou auditivos na sociedade estas patoloxías son pouco coñecidas, o que é básico, segundo recoñece a presidente do colectivo, María Jesús Monterde, para poder desenvolver unha vida con normalidade xa que son numerosos os dereitos e recursos aos que se pode acceder e que permiten a integración. A prevención é fundamental para poder atallar este tipo de discapacidades sensoriais que habitualmente se relaciona coa poboación de maior idade pero que tamén se poden detectar nas idades máis temperás porén anima a buscar información e dar visibilidade a esta situación porque hai unha solución para cada persoa. Monterde destaca a Redondela como un concello inclusivo non só no ámbito administrativo senón tamén social dada a boa acollida que están tendo as actividades que veñen desenvolvendo nos últimos meses como os cursos de lingua de signos, os contacontos, ou a posta en marcha do bucle magnético nos Multiúsos e no Casa do Concello, unha tecnoloxía que permite escoitar con nitidez un evento cultural a aquelas persoas que presentan problemas de audición e usen audiófonos.  

Presidenta Xoga Mª Jesús Monterde
Fai fincapé na necesidade de informar e sensibilizar sobre as discapacidades sensoriais para conseguir a integración de quen as padece
Importancia da prevención
Subliña que a prevención é un paso fundamental ademais de rematar con moitos mitos que existen sobre estas patoloxías

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará