Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente con actividades para todas as idades

RR_Noticias

Hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío en horario de 18 a 20 horas. A programación inclúe actividades para todas as idades, desde unha xincana a xogos musicais, pero tamén actividades de sensibilización e voluntariado ambiental.

Na xincana os participantes deberán superar probas de xeito individual e grupal nas que terán que ir demostrando coñecemento sobre temas medio ambientais e tamén habilidades que lles permitirán superar as estacións e chegar á meta. Serán probas moi divertidas, fáciles e lúdicas aptas para todos os públicos. Tamén haberá xogos musicais, malabares e monociclos para animar a festa.
Voluntariado ambiental
Ademais, destas iniciativas desde o Concello tamén se promoven outras iniciativas con fin de promover valores de respeto e coidado ao medio ambiente, actividades de voluntariado medio ambiental, roteiros, etc. Preténdese poñer en marcha iniciativas que sensibilicen sobre a necesidade coidar a natureza e concienciar sobre a necesidade de contaminar menos para conservar os recursos naturais . Este sábado 2 de xuño comezan coa primeira acción de voluntariado “Hoxe Imos Limpar”. Levarase a cabo nunha pequena praia de Arcade, acción coa que se pretenden concienciar sobre a necesidade de “reducir o usos de plásticos” e da necesidade de reciclar para que non acaben nos nosos mares e praias. A seguinte acción “Hoxe imos informar e concienciar” durará dúas xornadas: martes 26 de xuño de 17.00 a 19.00 horas e domingo 15 de xullo, de 17.00 a 20.00 horas. Na primeira xornada, na Carballeira de Arcade, elaborarán o material da campaña informativa e o15 de xullo realizarase a acción de campo na praia da Ponte Colgante sobre o Verdugo. A acción consistirá na colocación dos carteis pintados anteriormente e falarase coas persoas que esté no río para informalas e conciencialas sobre o problema da contaminación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará