Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER pide a dimisión do concelleiro de Medio Ambiente polas obras do paseo no río Maceiras

RR_Noticias

Augas de Galicia dá razón a AER na súa denuncia sobre as obras da senda do Maceiras e solicita ao Concello que paralice as obras ata o mes de xullo. O organismo tamén adverte que as modificacións tanto dos muros que se están a realizar como da tipoloxía de pedra “deben ser comunicadas e solicitadas a Augas de Galicia”.

A Agrupacións de Electores de Redondela xa recibu a resposta de Augas de Galicia á queixa formulada o pasado mes de maio onde solicitaban a “inmediata paralización das obras no paseo do río Maceiras ata o mes de xullo, así como a retirada da escolleira e dos muros que non estaban contemplados no proxecto autorizado”. Augas de Galicia comunicou xa á AER que veñen de requerir ao Concello de Redondela “a paralización das obras” ata que remate o mes de xuño. O organismo tamén advertiu por escrito que as modificacións tanto dos muros que se están a realizar como da tipoloxía de pedra da que se compoñen “deben ser comunicadas e solicitadas a Augas de Galicia”. AER lembra que antes desta petición a Augas de Galicia, a agrupación xa solicitara no Concello por rexistro o pasado 3 de maio a paralización das obras, pero non tiveron resposta. Desde os medios de comunicación o concelleiro de Medio Ambiente afirmaba días despois que os técnicos, tanto de Augas de Galicia como do Servizo de Conservación da Natureza, “avalaban o cumprimento das condicións das obras ao non afectar á canle do río”. Tendo en conta a resposta do organismo competente a AER, que prohibe executar traballos na zona de servidume de 5 metros entre abril e xuño, a Agrupación de Electores entende “que o concelleiro de Medio Ambiente mentiu publicamente”, polo que AER considera que debería dimitir do seu cargo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará