Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praia de Arealonga goza dunha auga “excelente”

RR_Noticias

O areal de Chapela comeza a súa campaña de verán coas súas augas en moi bo estado, logo das obras de saneamento realizadas nos últimos anos en distintos puntos da parroquia, así como reparacións, substitución de vellas tubaxes e control de verteduras. As últimas analíticas realizadas por Sanidade outorgan ás augas de Arealonga a cualificación de “excelente”.

Desde Sanidade confirman que todas as análises das augas acreditan que Arealonga ten unha calidade “Excelente”, do mesmo xeito que as outras praias de Cesantes e Rande. Con todo, desde a concellería de Medio Ambiente de Redondela “non baixan a garda no control e a mellora deste areal”. O edil Miguel Ángel Álvarez sinala que son conscientes de que a depuradora de Teis-Vigo é “un perigo inminente” e que en calquera momento “pode crear un problema”. Por iso o edil apela ao Concello de Vigo “para que faga ben o seu traballo en canto á depuración das augas residuais e non cre máis problemas” ao areal de Chapela. Álvare lembra que se trata dunha praia urbana “nun enclave marabilloso” e do que gozan moitos veciños tando do municipio de Redondela como de Vigo, polo que é obriga de todas as administracións e Concellos “velar pola calidade das augas do areal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará