Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mozas da SAR non defraudan ante o Palencia

RR_Noticias

Logo da derrota ante o líder na pasada semana, a Sar Rodavigo lograba recuperar a senda do triunfo ante o Palencia nun partido que remataba co resultado de 37-32 e que mantén ao equipo nos postos altos da División de Honra prata feminina. Na mesma categoría o Chapela pasa por apuros logo dunha derrota ante o Siero. Partido que rematou co resultado de 21-12.

As de Redondela xogan na vindeira semana contra un rival moi necesitado de puntos, o penúltimo da categoría, o Meaño. As de Chapela son décimo primeira e desprázanse na próxima xornada ao campo do Cistérniga, que ocupa a novena posición.
Primeira nacional
O Rodosa Chapela mantense na quinta praza da categoría logo de vencer esta fin de semana o seu encontro co Camariña no pavillón de Chapela opor 27-22.
Malia comezar gañando o Rodosa ata o minuto vinte cinco de partido, o Conservas BVoya Camariñas logrou poñerse pro diante no marcador. O partido chegaba ao descanso cun apertado 13-12. Na segunda parte os locais melloraban o seu xogo logrando a vitoria final. Os de Chapela teñen a oportunidade na vindeira semana de seguir sumando puntos. Malia xogar fora da casa fano cun rival feble a priori, o antepenúltimo do grupo, o Rasoeiro.
A SAR non levanta cabeza, perdía en Pontevedra por 30-23 ante o Teucro. O equipo de Redondela, situado nunha perigosa penúltima praza, reciben na vindeira xornada a un dos fortes do grupo, o Octavio, cuarto clasificado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará