Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O proxecto “Donas do Código” do Colexio Laredo recibe o Premio Nacional Wisibilizalas

RR_Noticias

O proxecto “Donas do Código” realizado polo alumnado de 6º de primaria e titorizado pola profesora Paula Pérez do CEIP de Laredo ven de ser recoñecido co 1° Premio Nacional Wisibilizalas concedido conxuntamente por Google, a Universidade Pompeu Fabra e a Unidade Excelencia Maria Maetzu na categoría Junior. O proxecto busca a visibilización de mulleres actuais referentes á ciencia e a tecnoloxía.

Un total de nove mulleres vencelladas dun ou doutro xeito coas novas tecnoloxías son as protagonistas deste proxecto que ten por obxectivo achegar referentes tecnolóxicos femininos á aula para a súa investigación, contando nalgúns casos coas presenza da propia protagonistas. Atopamos entre estas mulleres a un referentes internacional en inmunoloxía e nanotecnoloxía como África González, expertas en TICs e xénero como Alba Alonso así como a alma mater de teleco en Vigo como é Edita de Lorenzo. O resto das elixidas para este proxecto “Donas do código” foron Sabela Ramos, Pilar Vila, Josefina Ling, Mª Elena Vázquez Abal, María Merlán  e Crsitina Gamaño.
Pode consultarse no enderezo http://donasdocodigo.ceipdelaredo.com ou na súa versión para móbiles en google play: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.donasdocodigo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará