Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

III Xornada Deporte e muller no Pavillón da Marisma

RR_Noticias

O pavillón A Marisma de Redondela acolle na tarde do domingo unha xornada deportiva orientada especificamente ás mulleres. Organizada conxuntamente polas Concellería de deporte e Igualdade, o obxectivo é motivar e animar ás mulleres, independentemente da súa idade, a achegarse á práctica deportiva dun xeito lúdico e divertido. Unha actividade que arrancará ás 16:30 horas e que conta coa colaboración de diferentes clubs deportivos do concello.

Como novidade nesta edición ademais das modalidades que se viñan impartindo en anos anteriores como baloncesto, balonmán, fútbol sala ou zumba, entre outras, teñen previsto impartir clases de tenis e padel aproveitando a proximidade das pistas. Unha xornada de deporte que se celebra pro segundo ano consecutivo e que busca “vincular o día da muller coa vida e práctica deportiva feminina”. Unha master class que se desenvolverá dende as 16:30 ás 20:00 horas o domingo día 11 no novo pavillón da Marisma e na que poderán participar mulleres de todas as idades.  

Teresa París Concelleira da Muller
Unha activiade conxunta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará