Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas medallas e nova marca para Mauro González no Campionato de España de natación

RR_Noticias

O representante do Racing Chapela Mauro González conquistou onte dúas medallas no Campionato de España de natación para deportistas con Síndrome de Down. Un bronce nos 400 libre e o ouro na proba de 200 bolboreta, onde rexistrou unha nova marca de España. O campionato remata o domingo, e o nadador do equipo redondelán tentará aumentar o número de galardóns.

González aínda ten por diante as probas de 50 e 100 bolboreta. Pola súa banda, dentro da categoría feminina, Iria Gómez terminou na quinta posición tamén nos 400 libre. Tamén competirá en 200 e 100 costas e 200 libres. Os outros nadadores do club de Chapela que aínda deben debutar neste Campionato de España son Borja Gómez en 50 libres e 50 costas; Enrique Sampedro Campos en 50 libres e 50 costas; Iván Lago González en 400 libres, e 200 braza, 100 e 50 braza; Eva María Gómez Méndez en 50 libres; Daniela Montenegro Alonso e Irene Rodríguez Toube en 50 libres, 50 espada e 50 braza. Ata o domingo os representantes do Racing Chapela buscarán máis medallas nesta proba estatal, que se disputa en Cádiz.
Na categoría feminina fíxose co ouro en 200 bolboreta a ex compoñente do Racing Chapela Loira Fernández Guardiola, deportista agora do club Gredos, de Madrid. Na proba Loira asinou un novo récord de España.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará