Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela contará coa esperada gardería pública

RR_Noticias

O centro de Educación Infantil, que os veciños de Chapela levan anos reclamando, construirase na coñecida como “finca da Ginaria”, onde se levantará tamén o novo colexio Igrexa. O alcalde, Javier Bas, anunciou onte que a Comisión de Seguemento das obras da AP-9 se reunirá o próximo día 31 para dar conta de todos os proxectos.

Nunha convocatoria cos medios de comunicacións, colectivos sociais e eveciños, o rexedor redondelán manifestaba onte a súa satisfacción nun día que cualificaba de “memorable” para Chapela. No acto, no que estivo acompañado por varios concelleiros e o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, Bas salientou que os acordos aos que se chegou co Ministerio de Fomento e Audasa, concesionaria da AP-9, son un “éxito coral”. O investimento en melloras para a parroquia de Chapela supera os 11 millóns de euros, aínda que existe xa o compromiso para realizar outras inversións, como a da gardería, aínda por cuantificar. É o caso da gardería, que se construirá na “finca da Ginaria” e que se concretará “nos próximos meses”, segundo o alcalde. Construirase na mesma parcela que o novo CEIP Igrexa, afectado pola ampliación da AP-9. O alcalde explicou que a licitación das obras do colexio e os traballos para urbanizar os terros se farán de xeito “simultáneo”. Bas sinalou que desta maneira “axilíanse os prazos”. A actuación suporá un investimento de 865.312 euros segundo as bases recollidas no anuncio publicado no Boletín Oficial da provincia (BOP) e establece un prazo de execución de cinco meses unha vez adxudicada a obra. Comisión de Seguemento Estes e outros asuntos trataranse na reunión da Comisión de Seguemento das obras da Ap-9, que se celebrará a próxima semana, o día 31. Colectivos veciñais e grupos da oposición de Redondela levaban meses esixindo esta xuntanza. Bas xustificou o atraso na convocatoria pola necesidade de ter pechadas todas as xestións, e poder así dar conta “de todos os proxectos comprometidos”. As reposicións acordadas con Fomento e a empresa Audasa inclúen tamén a mellora do acceso a Trasmañó, así como a posta en valor da contorna do Castelo de Rande. O día 1 de febreiro reuniranse cos arqueólogos que traballan no proxecto para a recuperación deste enclave histórico. Oficina de Correos Os veciños da parroquia amosaron tamén a súa preocupación polo servizo de Correos, ante a ameaza de que a oficina desapareza da parroquia ao resultar o local afectado pola ampliación da Ap-9. O alcalde asegurou que se manterá a oficina de Chapela, malia que a empresa está pendente da elección dun local Vial alternativo pola costa Desde a Asociación de Empresarios lembraron tamén unha antiga demanda: a creación dunha estrada alternativa polo litoral para o tráfico pesado da contorna de Pescanova. O presidente do colectivo, Enrique Lago, insistiu na necesidade de “evitar o paso de camións pola avenida de Vigo”. O alcalde explicou que xa se reuniron coa Autoridade Portuaria de Vigo para estudar unha solución, e que en febreriro agarda algunha alternativa, que pasa por desviar este tráfico pesado desde a saída da autoestrada en Rande. Con todo, recoñeceu que terá que ser o ministerio de Fomento o que dea luz verde ao proxecto, xa que afecta á estrada nacional e a terreos afectados pola liña do tren. Bas contestaba así ás preguntas dos veciños e colectivos sociais nun encontro informal que se celebrou no torreiro da igrexa de Chapela.

Javier Bas alcalde de Redondela
A gardería pública de Chapela construirase nunha parcela de Cidadelle cedida por Audasa.
Novo CEIP Igrexa
As obras do novo colexio e os traballos para urbanizar a parcela faranse de xeito simultáneo.
Comisión de Seguemento das obras da AP-9
A comisión reunirase o próximo día 31 de xaneiro para tratar todos os traballos de reposición e as melloras comprometidas para Chapela.
Enrique Lago presidente da Asociación de Empresarios
Lago demanda a creación dun vial alternativo á avenida de Vigo para o tráfico pesado das factorías polo litoral.
Vial alternativo para o tráfico pesado
O alcalde explicou que xa traballan coa Autoridade Portuaria no estudo de alternativas para os camións pola costa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará