Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Nadal para os nenos en Redondela

RR_Noticias

A programación do Concello para estas datas de Nadal está orientada aos máis pequenos que poderán participar na ludoteca, que arranca este venres día 22 na Casa da Cultura e no local Argarimo de Chapela, ir ao cine, subirse ao Simona Espreso, un tren turístico que percorrerá o casco urbano, ou gozar de actividades variadas nos pavillóns de Redondela e Chapela.

Unha das actividades máis salientables do programa de Nadal que organiza a Concellería de eventos é, pola súa duración no tempo, o servizo de ludoteca que funcionará na Casa da Cultura de Redondela e no local Agarimo de Chapela a partir deste venres día 22. Abrirá as súas portas as seis da tarde e, durante dúas horas, os nenos quedarán baixo o coidado de monitores e poderán gozar de actividades variadas dependendo do día: manualidades, cociña, maquillaxe, karaoke, visita de Papa Noel, festa de fin de ano, globoflexia… Un horario que se modificará nos domingos 24 e 31 cando a actividade se desenvolverá entre as 11:30 e as 13:30 horas. Un programa “O Nadal dos nenos” que na Casa da Cultura prolongarase ata o 4 de xaneiro, rematando en Chapela xa o día 31. Dentro do programa hai tamén unha proposta cinematográfica coa proxección da premiada película O Apóstolo, o martes 26 no Multiúsos da Xunqueira e o mércores 27 no auditorio do Piñeiral en Chapela. Os pases, con entrada de balde, serán nos dous casos ás 19:00 horas. E xa en Xaneiro, os cativos terán a posibilidade de subirse ao tren turístico Simona Espreso, os días 3 e 4 en horario de mañá e tarde. Percorridos de 20 minutos nos que os rapaces estarán acompañados da Coca Simona e un paxe real que recollerá as cartas para os Reis. Pechará o programa infantil, unha vez celebrada a tradicional Cabalgata de Reis na tarde do día 5 de xaneiro, unha xornada de actividades no pavillón municipal de Redondela o día 7 con inchables, touro mecánico, karaoke, baile e citas deportivas dende as 17:00 ás 20:30 horas. Todas as actividades son de balde agás esta última que ten un prezo de 2 euros.  

Angela Antón Edil de Eventos
Actividades variadas nas ludotecas de Redondela e Chapela
Tren turístico
O Simona Espreso funcionará os días 3 e 4
Festa nos pavillóns
En Redondela celebrarase a última actividade do programa cunha proposta variada na tarde do día 7

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará