Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fran Teixeira: “Hai que gañar o derbi para ir ao parón de Nadal con opcións de loitar polo ascenso”

RR_Noticias

Rodosa Chapela e SAR Plastic Omnium disputan este sábado o derbi local da Primeira Nacional. Os dous equipos teñen moito en xogo: os de Chapela seguir con opcións de pelexar polo “play off” de ascenso, a SAR afastarse dos postos de descenso.

Primeira Nacional Masculina Rodosa Chapela-SAR Plastic Omnium Chegan polo tanto a esta xornada, 14ª, en situación moi diferente os dous equipos locais. Os de Fran Teixeira son cuartos na táboa logo dunha cómida vitoria no campo do Bueu. A SAR segue afundida nos postos baixos logo de perder ante un dos fortes do grupo, o Calvo Xiria. O Chapela parte con máis opcións, porque ademais xoga na casa, pero Teixeira rexeita o cartel de favorito. Advirte que nun derbi destas características a situación na táboa “non conta”, xa que os dous rivais se coñecen ben, hai moita motivación e os dous equipos “teñen moito en xogo”. Para o técnico de Chapela unha vitoria sería moi importante “para poder afrontar con tranquilidade o descanso de Nadal”. Os dous puntos permitiríanlle seguir con opcións de acadar as prazas para a fase de ascenso, xa que todo está “moi igualado” na cabeza da táboa. Teixeira salienta o extraordinario nivel da liga este ano, con moitos equipos “a un altísimo nivel”, como Xiria, Novás, Lalín, Octavio e mesmo Lavadores. O Rodosa está a un punto do 3º, o Lalín, a tres do 2º, o Calvo Xiria, e a catro do líder, o Novás. E o Rosal será precisamente o seu destino logo do parón das festas. O Chapela rematará a primeira volta na casa do actual líder. Será o 14 de xaneiro, logo de case un mes sen competición. Unha situación que pode beneficiar ao Balonmán Chapela, xa que podería dar tempo a recuperar a algúns dos seus xogadores lesionados, como Rubén, Tanis ou Sergey. Pero antes, o derbi este fin de semana. Sábado ás 18.30 horas no pavillón de Chapela.

Fran Teixeira adestrador do Rodosa Chapela
Teixeira rexeita o cartel de favorito e advirte que os dous equipos teñen moito en xogo.
Primeira Nacional con moita calidade
O técnico salienta o excelente nivel de xogo que presentan moitos equipos da liga esta temporada.
Atl. Novás-Rodosa Chapela
Xogarán co líder despois do descanso de Nadal. Case un mes que pode servir para recuperar a algúns dos xogadores lesionados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará