Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ana Miranda comprométese en Soutomaior a denunciar en Europa o transvasamento do Verdugo

RR_Noticias

A portavoz do BNG en Europa reuniuse cos mariscadores de Arcade e con colectivos ecoloxistas para demandar medidas “ecolóxicas, solidarias e responsables” para o abastecemento de Vigo e esixir a paralización deste trasvase que supón “unha agresión inxustificábel ao ecosistema do río Verdugo e aos bancos marisqueiros da enseada de San Simón do que viven moitos centos de familias”.

Ana Miranda sinalou tamén que é un despropósito que se manteña o trámite de urxencia cando despois das choivas de onte o encoro de Eiras está por riba duna 70% da súa capacidade.  “É o momento de que  todos nos poñamos a traballar para que a área de Vigo dispoña dun abastecemento ecolóxico, eficiente e sostible. E debemos facelo dende o rigor e a seriedade, non con ocurrencias que teñen unha consecuencias dramáticas no ecosistema e no sector marisqueiro, que se pretenden facer sen sequera estudos de impacto ambiental e que só obedecen ás ambicións electorais de Feijoo e de Caballero.
A portavoz do bloque en Europa visitou á primeira hora da mañá o concello de Ponte Caldelas, onde se reuniu cos concelleiros do BNG no goberno local Manuel Barreiro e Lito Muíños.Os edís do BNG xunto coa portavoz en Europa mantiveron unha xuntanza cos representantes da Plataforma en Defensa do Verdugo Fernando Malvar e Pablo Sierra. Os membros da organización ecoloxista trasladaron que “con esta obra estase afectando un espazo protexido pola Rede Natura coas consecuencias que iso ten. Ana Miranda agradeceu o traballo da plataforma e  sinalou que trasladaría á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo tanto estes incumprimentos legais como os da normativa Europea de Augas.
A Portavoz Europea reuniuse tamén ao longo da mañá cos responsables do sector marisqueiro na Confraría de Arcade. Nesta xuntanza, participou tamén o portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo e diferentes representantes da confraría, entre os que se atopaban o Vice-Patrón (a patroa maior atopábase fóra)  e o biólogo da mesma. Os mariñeiros destacaron que ” este trasvase supón un golpe letal para un sector económico que xa ten moitísimos problema e do que dependen centos de familias e sinalaron a súa absoluta oposición a este trasvase e incidiron na necesidade de que se tomen “todas as medidas necesarias para evitar unha desfeita ecolóxica que pon en risco todo un ecosistema e con el o sustento das nosas familias”
Ana Miranda destacou que “estas demandas levaranse a Europa e daremos a batalla alá onde sexa necesario”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp