Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente aconsella non consumir auga da billa mentres non se normalicen os niveis de ferro

RR_Noticias

As últimas análises feitas públicas pola Xunta de Galicia constatan un nivel de ferro moi elevado en diferentes puntos de toda a área metropolitana, entre eles o depósito de San Esteban en Redondela que abastece o subministro da traída municipal. O edil de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, asegura que “a auga é potable e non hai risco para a saúde” pero aconsella non consumir auga directamente da billa “cando sae turbia e mentres non se estabilizan os niveis de ferro detectados nas últimas xornadas”.

Auga potable pero de pouca calidade é o que constatan as análises realizadas polos técnicos do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade que apuntan a que se superaron os límites establecidos na normativa vixente da auga de consumo humano en varios concellos da área metropolitana de Vigo. As mostras tomadas polos Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública revelan que nalgúns puntos dos abastecemento, entre eles o depósito de San Estevo en Redondela, alcanzáronse ou superáronse os valores máximos permitidos, incumprindo algúns dos parámetros que se fixan para garantir a calidade da auga como son a cor, o ferro e a turbidez. En consecuencia a auga segue a ser apta, pero de baixa calidade. A xefa do Servizo de Control de Riscos Ambientais apuntou que a Xunta permanecerá vixiante extremando os seus controis e insistiu en que xa se instou ás concesionarias municipais a tomar medidas correctoras urxentes para reverter esta situación. Neste sentido manifestábase tamén o edil de Redondela quen insiste en que non hai risco para a poboación polo seu consumo pero, con todo, aconsella non consumir a auga no caso de que saia turbia da billa. Os motivos desta elevada presenza de ferro habería que buscalos en dúas situacións ben diferentes. Por unha banda, a elevada concentración de ferro de días atrás deberíase á falla de auga nos encoros, mentres que a situación actual respondería ás abundantes choivas das últimas horas.  

MIguel Ángel Álavarez Medio Ambiente
Aconsella non consumir auga se sae turbia
Motivos da elevada presenza de ferro
As abundantes chuvias favorecen esta situación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará