Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música tradicional e actividades para os nenos no Magosto Furtivo do Viso

RR_Noticias

O Viso celebra este sábado a oitava edición dun músico-tradicional organizado pola Sociedade Cultural do Viso, o grupo Tanto Nos Ten e o Colectivo Lúa Meiga. Unha programación na que non faltarán as tradicionais castañas, a música folk e os obradoiros para nenos e nenas cun concerto fin de festa a cargo dos grupo “Os da Porfia” e “Os Carunchos”.

O festival arrancará cunha sesión vermú, xantar popular e foliada aberta a todos aqueles grupos que desexen participar. Xa pola tarde unha programación continuada, con xogos populares, obradoiros para cativas e cativos, musica tradicional e diversión da man do coro tradicional e gaiteiros “Tirapuxa”, “Polisóns da Teixeira”, concerto punk infantil de “Peter Punk e Brais das Hortas”. Xa pola noite actuacións dos grupos  “Os da Porfia” e “Os Carunchos”. Contarase coa tradicional mostra de elaboración de augardente e castañas para os asistentes.
Dende a organización convídase a toda a veciñanza a asistir e mesmo a colaborar deste evento para tódalas idades. Unha actividade na que colaboran a Deputación de Pontevedra, Concello de Redondela e A Tenda de Concha.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará