Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornadas de promoción da igualdade entre os escolares de Soutomaior

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), e co apoio da Deputación de Pontevedra, organiza durante todo o mes de novembro o programa “E ti…que fas pola igualdade?”.Unha iniciativa que pretende fomentar a igualdade de xénero entre os escolares do municipio e que chegará a alumnos de todos os cursos, desde 1º de primaria ata 4º da ESO.

Mediante sesións de 100 minutos por curso, a iniciativa busca concienciar aos alumnos en materia de igualdade, analizando como adquiren os roles e estereotipos de xénero e o papel que para a súa infancia xogan as persoas adultas da súa contorna, principalmente os modelos e referentes familiares.
Cada sesión contará cunha primeira parte de sensibilización e formación inicial na que se analizarán os estereotipos de xénero, modelos de convivencia que fomentan a desigualdade e conceptos como o sexismo. A continuación, realizaranse grupos de traballo nos que os alumnos elaborarán mensaxes e reflexións nas que plasmarán que é o que eles fan pola igualdade. Ao final de cada sesión os alumnos realizarán unha pequena peza audiovisual.
“A idea fundamental é atallar o problema da desigualdade mediante a educación durante a infancia, que é cando se conforman os roles de xénero e establécense as bases das relacións”, explicou a concelleira da Muller Cristina González durante a presentación, que engadiu que “estes programas son moi efectivos, porque se aplican no momento xusto e da forma adecuada”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará