Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derrota para o balonmán feminino esta fin de semana

RR_Noticias

Na División de Honra Prata Feminina, a SAR Rodavigo mantense na cuarta posición malia a derrota desta fin de semana na casa. As xogadas da SAR perderon a oportunidade de acurtar distancias cun dos seus rivais directos, o Cleba León que se impuñan na Marisma por 27 a 30. Tres goles de diferenza que lle custaban o partido ás locais. Malia todo mantéñense cuartas, con catorce puntos e un partido menos disputado. Derrota tamén para o Cíes Chapela, que esta xornada visitou o campo do Carballal. Un partido que remataba co marcador a 30-26.

Malia que as redondeláns foron superiores durante a primeira parte e remataba o primeiro tempo con vantaxe de 10-16, no segundo tempo as xogadoras do Carballal conseguían remontar o partido.
A vindeira semana as xogadoras da SAR teñen un logo desprazamento xa que visitan a pista do Palencia, conxunto ao que se lle está a facer costa arriba este comezo de tempada. Son penúltimos con cinco puntos. Mentres as xogadoras do Cíes Chapela, ocupan a décima posición con seis puntos e o próximo partido será na Bomboneira de Chapela fronte ao Sieiro, que está un posto por baixo das locais, e cos mesmos puntos.
PRIMEIRA NACIONAL MASCULINA
Respiro para a SAR logo da vitoria esta fin da semana na casa. Impuxéronse por 26 a 24 a un dos seus rivais directos, o Teucro. Os redondeláns dominaron o partido dende o primeiro minuto e tamén foron por diante no marcador. Unha vitoria, que é a segunda da tempada, e que lles imprime ánimo aos locais para saír dos postos de descenso, onde se atopan na actualidade. Son terceiros pola cola con cinco puntos. A próxima semana visitarán a casa do Octavio, cuarto da táboa.
Reparto de puntos para o Rodosa Chapela e o Camariñas que se enfrontaron esta xornada no municipal de Ponte do Porto e que remataba cun marcado de 26-26. Partido que os redondeláns perdían a cinco minutos do final, xa que até o momento mantiñan unha vantaxe de tres goles, pero os coruñeses conseguían igualar o marcador. Un empate que deixa aos redondeláns no sexto posto da Primeira Nacional Masculina con doce puntos e a próxima xornada parten como favoritos non só porque xogan na bomboneira senón porque reciben ao pechacancelas da clasificación, o Rasoeiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará