Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE de Redondela gaña peso nos órganos de dirección do partido

RR_Noticias

Olga Rodríguez Puga e Eduardo Reguera pasan a formar parte dos órganos de dirección dos Socialistas de Galicia. A decisión adoptouse no XIII Congreso dos socialistas de Galicia, celebrado en Santiago e que situou a Gonzalo Caballero como Secretario Xeral do PSdeG.

O pasado domingo, o 71,18% dos case 400 delegados e delegadas ao Congreso do PSdeG deron o seu respaldo á executiva composta polo novo Secretario Xeral, Gonzalo Caballero. Desta nova executiva formará parte Olga R. Puga, militante da agrupación de Redondela, cunha Secretaría Executiva. Rodríguez Puga xa formara parte dun órgano de dirección a nivel Galicia nos anos 2012 e 2013 como membro do Comité Nacional de Ética se ben agora “a pertenza á executiva preséntase como un reto moito máis esixente”. Olga é militante de base sen cargos públicos e desenvolve a sua labor profesional dende hai 19 anos no Rexistro da Propiedade de Redondela.
Case pola mesma porcentaxe foi aprobada a lista de membros do Comité Nacional de Ética da que pasa a formar parte Eduardo Reguera. Actualmente, Reguera é concelleiro na nosa vila e ocupa a Secretaría de Cultura e Formación do PSdeG-PSOE da Provincia de Pontevedra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará