Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco afiánzase na senda da vitoria

RR_Noticias

Os de Marcos Montes suman esta xornada unha nova vitoria fronte ao Bergantiños, un dos grupos fortes da tempada que se atopa entre os cinco primeiros. Un lanzamento de Antón Escobar no minuto 28 da primeira parte permítelle aos redondeláns encadear seis xornadas sen coñecer a derrota. Son décimo primeiros con 18 puntos e xa pensando no próximo rival, porque esta será unha semana intensa para os redondeláns. O mércores, un de novembro, reciben en Santa Mariña ao líder, o Silva.

 
SEGUNDA AUTONÓMICA
Castrelos-Choco B ( 2-0)
O filial do Choco non foi quen de imporse ao líder, o Castrelos. Onte visitaban o campo do Monte da Mina onde os redondeláns tiveron varias oportunidades pero un penalti en contra do Choco B sentenciaría o partido. Os redondeláns continúan terceiros con 19 puntos e xa coa ollada no próxima cita que será este mércores en Santa Mariña. Reciben ao Ribadelouro que é décimo terceiro con nove puntos e chegarán cos ánimos que lles deu a vitoria desta xornada por catro a un fronte ao San Miguel.
Marín-Arcade (0-3)
O Arcade mantense como líder logo de gañar na casa do Marín nun partido no que se amosaron moi superiores aos locais. Na primeira media hora xa encamiñaron o encontro con goles de Dani e Campos, Sergio foi o encargado de rematar a faena aos cinco minutos do final do partido. Pero os de Arcade non poden confiarse xa que o Caldas continúa pelexando por ese posto e ambos están empatados a 22 puntos. Os xogadores do Arcade volverán saltar ao terro de xogo o vindeiro domingo, un partido que no que a priori parten como favoritos, xa que reciben no Salgueirón ao Puentearnelas que son décimo quintos.
TERCEIRA AUTONÓMICA
Chapela-Matamá (2-0)
Moi bo partido o que fixeron onte os xogadores do Chapela que se impuxeron ao líder da categoría, o Matamá por dous a cero. Davila e Cabada foron os encargados de anotar os goles da vitoria que lle permiten aos redondeláns escalar até a quinta posición con quince puntos e poderían continuar nesa racha positiva a próxima xornada xa que visitan o campo do pechacancelas do grupo, o Peña Beretes, que polo momento non gañou ningún partido. O encontro disputarase o domingo na Madroa.
Cobres-Cesantes (1-2)
Vitoria para o Cesantes que este domingo visitou o campo dun dos seus rivais directos, o Cobres, quinto do grupo. Un encontro que se decidiu nos últimos minutos no que ambos os conxuntos foron quen de materializar as chegadas até a portería. Tres puntos que lle permite subir até a segunda posición con doce puntos, só por detrás do Poio que líder. A próxima semana descansan.
Soutomaior-San Andrés (3-1)
Os xogadores do Soutomaior dominaron o partido malia que os de Marín foron os primeiros en adiantarse no marcador. Na segunda parte o Soutomaior remontaría o partido grazas a tres goles de Giño e Carlos. Suman así tres puntos nesta xornada que os sitúa como quintos do grupo doce da Terceira Autonómica con oito puntos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará