Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CampitoFS suma confianza na Terceira División

RR_Noticias

Mentres os equipos que militan na Autonómica Sur, Redondela FS e Arealonga, non levantan cabeza, o Campito logra manterse nos postos medio da clasificación nunha categoría máis esixente, a Terceira División. Esta fin de semana logran unha importante vitoria ante un rival directo, o Villa de Cee. E facíano ademais con contundencia, logrando un 1-6 nun encontro disputado fóra da casa.

Arranca o Campito o mes de novembro cun partido na casa. Reciben ao pechacancelas da categoría, o Carballiño.
Pechacancelas é tamén o Arealonga que non logra sumar puntos e que nesta fin de semana caía nun partido difícil, Xogaban na casa pero facíano contra o líder, o RM Vigo que se impuña por 3-5. Tamén en postos de descenso atópase o Redondela, son penúltimos e sumaban unha nova derrota por 2-4 ante o Lume.
Na vindeira semana o Redondela desprázase ao campo do Baiña e o Arealonga xogará na casa do Abetos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará