Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Casa da Torre abre a exposición de 150 pezas de Sargadelos doadas por Marques de Magallanes

RR_Noticias

Unha sala da Casa da Torre é dende hoxe lugar de visita obrigada para os amantes destas pezas de cerámica que o exsenador e cónsul da República de Ecuador en Galicia , viúvo de Rita Regojo, Adriano Marques de Magallanes donou ao Concello de Redondela. A inauguración terá lugar na tarde de hoxe cun acto previo no Multiúsos da Xunqueira ás 19:00 horas que contará coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

A  colección que se poderá ver a partir de agora e de xeito permanente nunha sala do albergue de peregrinos, inclúe uns 150 elementos entre os que se atopan algunhas pezas de máis de 200 anos de antigüidade. Inclúe todo tipo de pezas como pratos, tazas, figuras decorativas, xerras e outros elementos que Marques de Magallanes foi adquirindo ao longo da súa vida e que decidía doar ao Concello en agradecemento aos veciños da vila polo sentimento de cariño que sempre recibiron en Redondela.
 O titular autonómico presidirá o acto de presentación da Exposición da Louza da Real Fábrica de Sargadelos que terá lugar ás 19:00 horas no Multiúsos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará