Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega a Redondela “Na Butaca”, unha obra sobre o esquecemento

RR_Noticias

A compañía Butacazero presenta no Multiúsos da Xunqueira esta obra que fala dende unha perspectiva poética e optimista de doenzas como a demencia ou o Alzheimer. Unha obra que remata sendo un alegato sobre a vida vivida no presente. A representación será este sábado no Multiusos da Xunqueira ás 20.00 horas.

Ether F.Carrodeguas e Pepa Barreiro son as encargadas de pór en escena esta obra que quere ofrecer unha nova perspectiva, máis positiva e optimista, sobre doenzas tan comúns na actualidade como a demencia ou o Alzheimer. Con texto de Esther Carrodeguas e a interpretación de Pepa Barreiro plásmase situacións relacionadas coa perdida da memoria e as demencias, pero afastándose do dramatismo e apostando por expresar aquilo que senten as persoas que teñen este tipo de patoloxías. A obra enmárcase dentro do ciclo “Outonoteatro” que organiza a Concellería de Cultura. As entradas poden retirarse no Multiusos da Xunqueira a sete euros, tres reducida.

Ether Carrodeguas directora da obra
Unha obra que nos mostra a experiencia dunha persoa con Alzheimer
Perspectiva positiva
A compañía afástase do dramatismo para darnos unha perspectiva optimista destas doenzas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará