Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos para celebrar o Día das Bibliotecas

RR_Noticias

A sala infantil da Biblioteca de Redondela acolle este venres ás 18:30 horas o espectáculo “Rebeca Atencia de misión no Congo”, un contacontos da compañía Polo Correo do Vento orientado a público infantil a partir dos catro anos. Unha actividade enmarcada dentro das celebracións das bibliotecas co gallo da do Día das Bibliotecas que se conmemora o vindeiro martes e que se completará con outro contacontos o venres 27 en Chapela coa “Romaría: contos e lendas da nosa terra” de Raquel Queizás.

O contacontos que se poderá ver este venres no Multiúsos está dedicado a Rebeca Atencia,  veterinaria ferrolá e colaboradora de Jane Goodall. Entrada libre e de balde para asisitr a esta propostas na que os integrantes da compañía Polo correo do vento acompañará o seu relato pola elaboración dunha ilustración en directo.  

Mª Elena Becerra biblioteca
Fálanos do Contacontos do venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará