Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto homenaxe a Victor Ureña no Multiúsos

RR_Noticias

O alumnado do Conservatorio de Redondela celebra hoxe xoves ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira un concerto homenaxe a Victor Ureña, músico e compositor que da nome a este centro de ensinos musicais.O Concerto, con entrada libre ata completar o aforamento, servirá tamén de acto de apertura do curso 2017-2018.

O Conservatorio Victor Ureña tomou o seu nome deste compositor que entre 1952 e 1960 dirixiu a Banda de Música de Redondela ata que se trasladou a Biscaia. Logo da súa xubilación colaborou coa Escola e o Conservatorio, en particular coa Orquestra de Saxos, formación para a que escribiu numerosas obras.
O conservatorio recibiu o seu nome como homenaxe póstuma trala súa norte.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará