Hoxe é Domingo 3 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xurxo Lobato “O que me atraeu de Rosalía foi a súa modernidade”

RR_Noticias

O fotógrafo achega ao Multiúsos a exposición “Airiños, aires, Rosalía”, unha mirada persoal ao mundo rosaliano. A través das súas imaxes, que se poden visitar at finais de outubro, Lobato traza a traxectoria vital e emocional de Rosalía de Castro. Faino a través das imaxes cun percorrido polas primeiras etapas vitais da escritora dende o seu Padrón natal, pasando por Santiago de Compostela lugar no que a poeta residiu e estudou. Pódese ver a pia bautismal na que foi bautizada, así como diferentes rúas polas que transitou, pero tamén lugares emblemáticos que forman parte da súa obra como as Campanas de Bastabales, Lestrobe ou as Torres de Oeste.

Na inauguración da mostra que está integrada por medio centro de fotografías a gran formato, Xurxo Lobato salientaba que se trata dun “traballo persoal, de autor, unha mirada cara o mundo rosaliano con paradas nos lugares nos que Rosalía viviu ou que para ela tiñan importancia”. O fotógrafo achegase a nosa escritora universal por diferentes motivos, entre os que salienta a súa modernidade, sobre todo como feminista na defensa da muller nunha época na que estaban relegadas ao papel de esposa e tamén pola súa actitude ecoloxista. Aspectos que amosan a modernidade de Rosalía. Unhas fotos que ao entender do técnico de Normalización Lingüística “axúdannos a comprender a vida de Rosalía e os lugares que van marcar a súa obra”. Lugares aos que facía referencia o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira quen destacaba tamén o feito de que Redondela sexa o primeiro concello que alberga esta exposición itinerante que xa pasou polas grandes cidades galegas. Dende a Concellería de Cultura puxeron o acento no valor desta exposición para chamar a atención sobre os aspectos menos coñecidos de Rosalía de Castro, que antes de poeta foi novelistas e en cuxas primeiras obras “xa presentaba unha prosa innovadora e rachaba con cadeas” en palabras de Teresa París. En resumo, unha mostra fotográfica que ao entender do alcalde Javier Bas “prestixia Redondela” e que está enmarcada dentro dunha programación “que contribúe ao galeguismo integrador e non excluinte que se desenvolve dende o Concello”.  

Xurxo Lobato fotógrafo
Unha mirada ao mundo rosaliano dende a cámara fotográfica
Unha muller moderna
Foi un dos aspectos que decidiu a Lobato a realizar este traballo
Xurxo Martínez técnico de Normalización
A exposición está enamrcadda dentro dunha serie de propostas para dar a coñecer a figura e obra de Rosalía
Anxo Angueira Fundación Rosalía de Castro
Lugares que forman parte da súa vida e da súa obra
Teresa París Edil de Cultura
Dar a coñecer os aspectos maís descoñecdios de Rosalía
Javier Bas alcalde
Unhas mostra que prestixia Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará