Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

En marcha a organización do acto para a Conmemoración da batalla de Rande

RR_Noticias

A Asociación deportiva e cultural de Rande convoca a todos os interesados en participar nesta celebración que terá lugar o 21 de outubro a se inscribir nos diferentes obradoiros nos que se elaborará o material e vestiario que servirá para facer o evento conmemorativo. As persoas que queiran inscribirse poden facelo no local da Asociación no Meirande.

Os obradoiros que se imparten son o de vestimenta de época e atrezzo, os martes en horario de 19:30 a 21.30 e no mesmo horario os mércores celébrase un obradoiro de teatro. O primeiro busca elaborar os traxes que se lucirán nas celebración da conmemoración da batalla o 21 de outubro. No segundo prepararase aos actores para que participen da recreación do evento histórico.
Os obradoiros son complemente de balde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará