Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roteiros para coñecer o patrimonio artístico e cultural de Redondela

RR_Noticias

A Concellería de Cultura organiza novas saídas guiadas para seguir coñecendo o noso patrimonio arqueolóxico. Este domingo o arqueólogo da empresa A Citania, Xurxo Constela será o encargado de acompañar aos participantes polo Camiño de Santiago (Sur), ao seu paso por Redondela. Non é necesaria prescrición, só aparecer no lugar da saída (Capela de Santiaguiño de Antas) ás 10:00 da mañá. Actividade de balde.

O roteiro percorrerá sete quilómetros, os que separan a Capela de Santiaguiño de Antas en Mos, no límite con Redondela e o Convento de Vilavella.
O seguinte dos roteiros previstos será o domingo 29 de outubro con percorrido polo trazado note do Camiño de Santiago portugués e, por último, o  26 de novembro a saída levará aos participantes ao Castro da Peneda no Viso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará