Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Taller interxeracional “Xogando en familia” en Pazos de Borbén

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén, en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través do programa “Tecendo Lazos”, organiza un novo taller de lecer dirixido ao público familiar. Un taller de xogos en familia no que pais, fillos e avós compartirán xogos tradicionais e modernos, ensinando os uns aos outros as peculiaridades dos xogos de cada época. O taller terá lugar na Casa do Pensionista de Amoedo do 21 de outubro ao 25 de novembro.

O obxectivo fundamental deste curso é organizar unha actividade que favoreza as relacións interxeracionais de forma que fillos, pais e avós participen conxuntamente na actividade fomentando así o envellecemento activo dos nosos maiores e a empatía da mocidade cara ao resto de xeracións.
A formalización da inscrición realizarase nas oficinas da Casa do Concello antes do 9 de outubro. As prazas adxudicaranse por estrita orde de entrada no rexistro municipal. Todos os interesados en recibir información poden facelo a través do correo electrónico en omix@pazosdeborben.org, chamando ao teléfono 986 498 934 ou nas oficinas da OMIX na Casa do Concello, de 09:00 a 14:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará