Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Suspenden o Consello parroquial no que se volvía debater o futuro do polémico edificio de Chapela

RR_Noticias

A pretensión dun grupo de veciños de asistir a reunión que estaba previsto se celebrase onte no Multiúsos do Piñeiral e a posterior ausencia dalgúns dos convocados, provocou a suspensión do Consello parroquial que se reunía de xeito extraordinario. O único punto da orde do día era debater unha moción “para o próximo pleno do Concello para tratar o estudio de viabilidade técnico xurídica e económica do edifico de entrada á autopista, para dedicalo a servizos municipais e sociais para a poboación de Chapela”.

Aseguran dende a asociación de veciños que a pretensión do presidente do consello, o popular Miguel Angel Alvarez, era non permitir a asistencia de público a esa reunión “alegando que era un consello pechado”.  Sen embargo “a lei establece que todo os órganos de participación cidadá teñen que ser públicos” explica o presidente da Asociación de veciños Marcial Pérez, quen engade que finalmente si se respectou a normativa e permitiron a presenza dun grupo duns 20 veciños. Unha decisión que, lonxe de calmar os ánimos, provocou malestar entre algúns representantes dos colectivos, nomeadamente os membros da Asociación de Afectados pola AP-9 quen decidiron ausentarse da reunión e, finalmente, o Consello Parroquial non chegou nin tan sequera a constituírse. Unha reunión que non chegou celebrarse e que buscaba, segundo explica Marcial Pérez “cambiar o uso do edificio da Puntela a uso dotacional, algo que os propietarios só aceptarían se, como sospeitamos, existe un acordo co goberno local para a súa compra “. Dende a Asociación de Veciños insisten que non permitirán que se avance na legalización do polémico edificio coa escusa de dotar a parroquia de locais para as asociación e colectivos “se hai cartos que se compre un edifico legal ou que se busquen locais alternativos”.  

Marcial Pérez AVV Chapela
Explica o acontecido no Consello Parroquial Extraordinario
Acordo de compra
Cambiar o uso a uso dotacional só pode chegar se detras hai un acordo de compra asegura Pérez
Alternativas
Se hai cartos que se compren outros edificios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará