Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcha a pé ou en bicicleta para demandar a creación dunha vía verde entre Pontevedra e Vigo

RR_Noticias

Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, A Golpe de Pedal e Pedaladas organizan este domingo día 17 unha marcha-manifestación en bicicleta para demandar a recuperación das vías do tren fora de uso en Vilaboa, Redondela e Vigo e crear unha vía verde ciclista e peonil entre Vigo e Pontevedra.

Os que queiran participar na marcha que partirá en bicicleta dende a estación de tren de Chapela deberán percorrer os 7,9 kilómetros que separan esta estación da Porta do Sol de Vigo con saída prevista para as 12:30 horas.
No caso de desexar participar no percorrido que sae dende Pontevedra ás nove da mañá deberán realizar unha inscrición previa a través do facebook de A Golpe de Pedal ou no enderezo agolpepedal@gmail.com, xa que por cuestión legais non se poden superar os 49 participantes.
Tamén hai posibilidade de participar nun percorrido a pé entre Arcade e Figueirido, con saída ás 10:30 da Avenida de Castelao en Arcade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará