Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola AP-9 apoian a compra do edificio ilegal de Chapela e o BNG reitera a súa negativa

RR_Noticias

Mentres algúns colectivos da parroquia entenden que se trata dunha boa oportunidade a legalización e posterior compra deste edificio para destinalo a uso dotacional, dende a Asociación de veciños rexeitan que se adquira ese inmoble “polo elevado custe que conlevaría a súa adquisición e acondicionamento, porque a súa legalización suporía promover as ilegalidades urbanísticas e porque existen outras alternativas moito máis económicas e axeitadas”. No mesmo sentido maniféstanse dende o BNG que cualifican a proposta como unha iniciativa do goberno de Javier Bas que busca o enfrontamento parroquial.

Un enfrontamento que está servido dende que esta proposta fora aprobada no Consello Parroquial co voto en contra dos grupos da oposición e o voto a favor dos colectivos que alí están representados. Entre eles a propia asociación de afectados pola ampliación da autoestrada que xustifican a súa postura por entender que se trata dunha boa oportunidade de adquirir un inmoble que daría servizo as diferentes asociacións e colectivos de Chapela. Con todo, Rafael Baltasar insiste en que “non se trata de especular, senón de valorar se o custe da súa adquisición sería viable e se a súa legalización é posible”. Unha legalización que dende a Asociación de Veciños consideran non debería aprobarse porque “suporía beneficiar a uns promotores particulares a cargo das arcas municipais”. Dende o BNG rexeitan tamén a compra do inmoble e cualifican de “covardía política do goberno de Javier Bas” o xeito en que se formulou a iniciativa a través do Consello parroquial  “propiciando así o enfrontamento veciñal”.  “Os únicos que poden asumir esta responsabilidade son Javier Bas e os seus concelleiros” engade o nacionalista Xoán Carlos González quen insiste na “oposición frontal do BNG á compra dunha edificación ilegal”. Defenden a cesión do colexio Igrexa o que suporía custe cero para o Concello e achegaría “dous mil metros cadrados útiles, máis as vivendas dos mestres e mestras que poderían destinarse as asociacións, a dependencias municipais ou mesmo a vivendas públicas”.  

Rafael Baltasar Afectados Ap-9
Defenden a legalización e compra do edificio para destinalo a uso dotacional
Críticas á Asociación de Veciños
Aseguran que o colectivo veciñal vai en contra dos intereses da parroquia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará