Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ingresa en prisión o acusado de disparar contra o fillo da súa parella en Arcade

RR_Noticias

O Xulgado de Instrución número 2 de Redondela decretou onte o ingreso en prisión de Fernando C.M.S. de 67 anos de idade  acusado de intento de asasinato, ameazas, violencia no ámbito familiar e tenencia ilícita de armas. Lembramos que os feitos tiveron lugar na noite do pasado domingo cando se escoitaron disparos no interior da vivenda na que residía o detido xunto coa súa parella e o fillo desta. Segundo transcendeu  o acusado tería intentado disparar contra o mozo pero a muller o tería impedido dándolle un golpe ao agresor.

Na xornada de onte o detido pasou polos Xulgado de Instrución número 2 de Redondela, negándose a prestar declaración. A xuíza decretou o seu ingreso en prisión preventiva comunicada e sen fianza despois de escoitar a versión das vítimas. Ditou tamén orde de afastamento e a prohibición de comunicarse tanto coa nai como co fillo, que xa dende o domingo e grazas ao protocolo do CIM (Centro de Información ás Mulleres) de Soutomaior, pasaron a noite nun domicilio seguro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará