Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrestado un veciño de Arcade por un presunto caso de violencia de xénero

RR_Noticias

O detido, un militar retirado que responde ás iniciais F.C.M.S., tería efectuado alo menos un tiro en presenza da súa muller e o fillo de esta, quen lograron sair ilesos da vivenda e dar aviso ao 112. O home entregouse media hora despois á Garda Civil e prestará declaración ao longo do día de hoxe. Segundo explicou o alcalde, Agustín Reguera activouse dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM) o protocolo de actuación nestas situacións que permite que a muller e o seu fillo foran trasladados xa pola noite a un lugar seguro.

Os feitos producían ás 21:30 horas de onte na rúa José Solla, no interior dunha vivenda de aluguer na que reside o arrestado e logo de que se escoitasen disparos no seu interior. A muller e o fillo lograron sair ilesos da vivenda e dar aviso ao 112.
A céntrica rúa de Arcade foi acordonada polos axentes para evitar a posible fuxida do autor dos disparos, quen finalmente se entregou, sendo arrestado e trasladado en torno ás 22:00 horas ao cuartel da Garda Civil. Non hai constancia de malos tratos no seo da familia que residía hai relativamente pouco tempo en Soutomaior.
O suceso deuse a coñecer rapidamente a través das redes sociais e malia que nun primeiro momento temíase un peor desenlace finalmente o suceso quedou nun gran susto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará