Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para inscribirse no I Campus Multideporte Juan Puertas

RR_Noticias

O Redondela F.S. e o xogador Juan Puertas poñen en marcha esta campus dirixido a rapaces e rapazas que se celebrará en Redondela desde o 4 ata o 8 de setembro. Serán cinco días co deporte como o gran protagonista, para practicar especialidades tan diferentes como o baloncesto, natación, padel, floorball, balonmán e fútbol sala.

O obxectivo deste primeiro campus, como explica o propio Puertas, é potenciar a práctica deportiva fomentando os hábitos de vida saudables, ofrecendo un abanico moi amplo de disciplinas deportivas para que os rapaces experimenten e se divirtan. O xogador redondelán, que militou en equipos como o Gran Canaria, Lobelle ou Leis, agradeceu tamén a colaboración dos clubs deportivos de Redondela, que se implicaron no proxecto e colaboran para que os participantes poidan experimentar diferentes deportes. Ata o de agora contan cuns 40 inscritos, e quedan aínda prazas ata completar un máximo de 50 participantes. O prazo de matrícula está aberto ata mañá mércores, día 30, no Bar Rivas (avda. de Santa Mariña) ou Os Viadutos (rúa Pai Crespo,9). O prezo do campus é de 40 euros, ou 35 no caso de varios irmáns. Os membros do F.S. Redondela tamén gozan dun desconto.

Juan Puertas xogador
Puertas amósase ilusionado co campus no que os nenos poderán practicar deporte e formarse en valores.
Colaboración dos clubs
Puertas agradece a participación doutros clubs de Redondela que levan as súas disciplinas ao campus.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará