Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco perde na estrea en Santa Mariña

RR_Noticias

Derrota dos de Marcos Montes ante o Somozas na Choco no primeiro partido de liga disputado en Santa Mariña. O rival, un dos candidatos ao ascenso de categoría, impúxose por 0-2 con goles de Diego Uzal e Ronald Lezcano en propia porta.

Terceira División
Choco 0-2 Somozas
O gol dos visitantes aos poucos minutos de comezar o partido condicionou o xogo. Diego Uzal, nun saque de esquina, recolleu un balón solto tras varios rexeites para envialo ao fondo da rede de Cortegoso. A partir do gol, o Choco pasou a dominar a posesión do balón, mentres o Somozas era máis eficaz na parcela defensiva. As diferentes ocasións dos de Marcos Montes eran atalladas. Ao comezo da segunda parte, o técnico redondelán introduciu cambios coa entrada de Alberto Castiñeira e Comis para tratar de gañar en combinación, pero non foi suficiente para que o Choco acadar o empate. Na recta final, unha falta colgada desde metade do campo á área de Cortegoso, supoñía o 0-2, logo de que Ronald Lezcano anotara en propia porta ao tentar despexar o balón. Mal comezo para o Choco, cun punto en dous partidos, mentres o Somozas lidera a táboa.
Choco: Cortegoso, Rubén Comesaña, Yago Vázquez, Javi González, Gándara, Alberto Suárez, Antón Vilas (Alberto Castiñeira (min. 65), Gabi Misa, Félix, Óscar Castellano”Chiqui”, Escobar (Comis, min. 56).
Somozas: Marcos Valín, Carlos Rivero, Álex Pérez, Hugo Criado, Salvador González, Juan Martínez, José González (Álex Rei, min. 46), Diego Uzal, Francisco Monroy, Gerardo Carreira, Oki (Ahmed, min. 69).
Goles: 0-1, min. 5: Diego Uzal; 0-2, min. 87: Ronald Lezcano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará