Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Martín Maez ofrece en Chapela un concerto íntimo e acústico con temas propios e versións pop

RR_Noticias

O cantante e actor redondelán ofrece este sábado un concerto “na casa”, dentro do ciclo de música organizado polos locais da Alameda de Chapela. Interpretará temas do seu último traballo “Sin frenos”, pero tamén repasará clásicos do pop de grupos como La Guardia ou M Clan, pasando por éxitos do verán como “Despacito”.

Cantante, compositor, actor… son moitas as facetas deste artista redondelán. Con formacón musical e tamén en Arte Dramático, protagonizou varios musicais como “El Libro de la Selva” ou “Patito Feo”, e recentemente regresou a Galicia para participar como actor na compañía Avento Producións. O mago de Oz ou Hansel e Gretel son algúns dos seus traballos. En 2014 descubrimos unha nova facetta de Maez co seu primeiro traballo discográfico “Secredos perdidos”. “Sin frenos” é o novo single, que poderá escoitarse este sábado na Alameda de Chapela, a partires das 22.00 horas. Un concerto “íntimo e acústico”, segundo o propio artista, no que interpretará temas propios, pero tamén versións. Maez fará un percorrido polos grandes éxitos do pop, desde a década dos 80 con temas de bandas como La Guardia ou M Clan, ou artistas como Raphael. Pero non se esquecerá da música máis actual, como os grandes éxitos do verán, entre os que inclúe o famosísimo “Despacito” de Luis Fonsi. O cantante explica que o obxectivo é ofrecer un concerto “ameno” para todos os públicos. “Tanto os máis novos como a xente máis maior poderá gozar da música e sentirse partícipe”, explica Maez. A cita é o sábado ás 22.00 horas na Alameda de Chapela, dentro do ciclo de concertos organizados polos locais Kima Bay e Fians, en colaboración coa Asociación de Empresarios e o Concello.

Martín Maez cantante
Maez fálanos do repertorio
Un concerto especial
O concerto de Chapela será moi especial para el por ser diante do seu público

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará