Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG redondelán esixe cambios nas Ludotecas de Verán para cubrir as necesidades das familias

RR_Noticias

O grupo municipal do BNG denuncia que en varias parroquias os veciños víronse obrigados a xestionar directamente as ludotecas de verán, para poder conciliar a vida familiar e laboral. O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, vén denunciar a mala xestión destas actividades por parte do goberno de Javier Bas.

O BNG sinala que a concepción das ludotecas do verán para nenos de 4 a 14 anos, viñan a cubrir tradicioinalmente a falla de actividades lectivas nos meses de xullo e agosto. Pero o actual modelo, segundo González, ten eivas. Sinala que os procedementos de inscrición son “moi complexos”, e só serven para “disuadir” a algúns veciños a facer a solicitude, e moitos rapaces “quedan fóra da actividade”. Critican que non se cobren os dous meses de período non lectivo, “forzando ás familias a xestionalas pola súa conta en agosto”. O BNG responsabiliza directamente ao goberno de Javier Bas, forzando a que moitos veciños se vexan obrigados “a suplir o papel da administración”. Apuntan que en Cedeira, Cesantes, Reboreda e Chapela organizáronse ludotecas “sen que se lles facilitara a xestión por parte do Concello”. Demandan dende o BNG que se reformulen as Ludotecas de Verán Municipais, para que verdadeiramente se lle dea resposta “á conciliación da vida familiar e laboral”, ademais de prantexar actividades lúdicas e formativas “durante todo o período estival”. Lembran que o Bloque vén reclamando desde hai anos un cambio no modelo do goberno local, xa que todos os veráns “se repiten os mesmos problemas”, polo que falan dun modelo “fracasado”. Entenden que a negativa do goberno do PP a ofrecer outro formato responde a que as ludotecas para os nenos e nenas “non son unha prioridade para eles”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará