Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A agruapción local de Protección Civil anima aos mozos redondeláns a facerse voluntarios

RR_Noticias

A agruapción de Protección Civil de Redondela conta actualmente con 60 voluntarios, pero obxectivo do grupo é “seguir medrando”. Saturnino Ferreira Couñago, o seu presidente, anima aos mozos e mozas a partir dos 16 anos a coñecer o traballo que realizan e sumarse.

O colectivo leva 23 anos funcionando en Redondela, realizando diferentes labores de prevención e salvamento. Pronto celebraran o cuarto de século, en 2019, e para esa data gustaríalles contar con máis voluntarios. Ferreira explica que calquera persoa maior de 18 anos, ou de 16 con autorización paterna, pode formar parte do colectivo. Anímaos a coñecer de primeira man o seu traballo, e todas as actividades que realizan. A formación básica necesaria para ser voluntario de Protección Civil impártea a Academia Galega de Seguridade Pública, e resulta gratuíta para os voluntarios. Unha vez superada a fase de formación, os voluntarios poden colaborar en actividades como as tarefas o servizo de salvamento nas praias, ou formar parte do operativo de seguridade en eventos nos que hai gran afluencia de público, como probas deportivas, festas ou concertos. A agrupación de Redondela foi a encargada de organizar recentemente unha xornada aberta ao público na praia de Cesantes, onte realizaron espectaculares simulacros en colaboración con Salvamento Marítimo e servizos de emerxencias do 061.

Saturnino Ferreira presidente
Anima aos mozos a coñecer o seu traballo e formarse para ser voluntarios.
Salvamento e seguridade
Os voluntarios de Protección Civil colaboran en operativos de salvamento e seguridade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará