Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela asina un convenio de 4.000 euros coa asociación Andaina

RR_Noticias

Andaina ven desenvolvendo nos últimos anos unha importante labor no municipio, xa que coas súas actividades logra mellorar a calidade de vida de colectivos que presentan unha situación de desprotección especial como é o caso dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

O Concello de Redondela vén de asinar coa Asociación de Pais e Nais de Persoas con Necesidades Especiais Andaina o novo convenio deste ano. A Asociación dispón dun local social onde realizan actividades e programas para favorecer a integración de nenos e nenas. Unha das actividades principais é o Obradoiro de Habilidades Sociais, que lles permita desenvolverse en situacións da vida diaria. Coa achegado Concello a asociación sufragará parte dos gastos que implican estas actividades. A axuda municipal incrementouse desde o ano pasado un 100%, ao pasar de 2.000 a 4.000 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará